×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organiza o vindeiro 4 de Xullo unha xornada sobre Industria 4.0 onde presentará como funciona este modelo a nivel mundial, casos de éxito en Galicia así como programas de impulso para as empresas.

Os novos desenvolvementos tecnolóxicos, a hiperconectividade e a globalización da economía están a plantexar importantes oportunidades e retos á nosa economía. A industria tamén debe abordar estas oportunidades e retos, para evolucionar e posicionarse coma un sector forte, competitivo e de referencia internacional.

A Axenda de Competitividade Galicia: Industria 4.0 constitúe a folla de ruta para reinventar unha nova industria galega competitiva no mercado global, unha industria para o futuro que debe ser flexible, adaptable e intelixente, cun equipo humano (persoas 4.0) capaz de anticiparse aos cambios cara esa nova Industria 4.0, guiada polos seus drivers principais: personalización masiva, servicitación dos produtos e conectividade global.

Galicia camiña por esta ruta e nela temos a oportunidade de coñecer e visionar os primeiros proxectos sectoriais “made in Galicia” de implantación de solucións Industria 4.0 executados por pemes galegas, así como a aportación de dous grandes multinacionais tecnolóxicas, referentes mundiais neste campo.

Programa