×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Co fin de ampliar o coñecemento do panorama actual e as claves de futuro do sector de gran consumo o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) organiza un ciclo onde se darán a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis: comprender as motivacións do consumidor na compra de produtos saudables, coñecer as claves da innovación e o surtido na grande distribución actual e definir unha estratexia promocional efectiva no punto de venda.

O ciclo desenvolverase en tres xornadas formativas, a terceira xornada ten como fin mostrar cal é a situación actual do mercado respecto a promoción que se fai no mesmo, dando pé a unha formación e metodoloxía para poder executar un plan neste ámbito de forma eficiente.

O coñecemento das motivacións de consumo e a mellora da eficiencia nos plans de actividade promocional no punto de venda é imprescindible para identificar novas oportunidades, responder as necesidades do comprador, diferenciarse e incrementar as vendas na gran distribución.

Inscrición Programa