×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Unha representación do clúster participa nunha visita institucional de Galicia a Cuba

encontro bilateral da delegación galega en La Habana

O xerente de Kiwi Atlántico, José Carlos Vila, en representación da xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia, acompañado dunha misión institucional presidida polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou La Habana, Cuba do 26 ao 27 de maio. nunha misión exploratoria na procura do establecemento de novas relacións comerciais e institucionais no sector agroalimentario

A axenda dos días 26 e 27 de maio, incluíu visitas a institucións e empresas importadoras, maioristas e minoristas de compras e de inversións alimentarias do país caribeño, ademais de reunións informativas sobre o mercado cubano. A primeira actividade comezou o xoves dia 26 coa asistencia ó Foro Empresarial Cubano-Galego, inaugurado por Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia. No transcurso do mesmo a delegación tivo a oportunidade de reunirse con representantes da Cámara de Comercio da República de Cuba, o Ministerio de Comercio Exterior cubano e a Oficina Comercial de España en La Habana.

Durante os días 28 e 29 de maio a axenda do directivo do Clúster Alimentario de Galicia, Carlos Vila, xunto coa delegación presidida polo conselleiro de Economía, Industria e Emprego da Xunta de Galicia, Francisco Conde, mantiveron diversos encontros bilaterais con organismos gubernamentais, coma o Ministerio de Agricultura e o Ministerio de Industria Alimentaria, así como con empresas cubanas relacionadas co sector alimentario.

A conclusión da segunda misión exploratoria permitiu avanzar na identificación de oportunidades e establecer contactos cos axentes claves do sector en Cuba co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado e o aproveitamento das novas oportunidades para a inversión produtiva e a exportación para as empresas galegas do sector.