×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Unha nova misión de estudo provinte de Turquía reúnese co Clusaga

O Cluster Alimentario de Galicia recibiu a visita a Galicia dunha misión de estudo provinte de Turquía. O obxectivo da misión foi o intercambio de boas prácticas, mostrando os puntos chaves do funcionamento do clúster como elemento diferenciación da colaboración e progreso no sector alimentario en Galicia.

A delegación turca estivo representada por 10 persoas que mostraron un gran interese por coñecer de primeira man as liñas de actuación do Clusaga, empapándose de ideas que poder aplicar nos seus territorios de orixe. Estes membros mostraron un gran interese no ámbito de estudo relacionado con mercado de froitas, hortalizas e verduras.

O Xerente de Clusaga, Roberto Alonso, foi o encargado de ensinarlles as características principais do clúster, así como os seus principais focos de actuación, destacando a labor de difusión do sector de alimentos e bebidas galego e o liderado en grupos de traballo a nivel europeo.

Despois da visita as instalacións do clúster, a expedición turca desprazouse ata a sede central da empresa socia Kiwi Atlántico, onde quedaron impresionados polas súas instalacións, volume de ventas así como a calidade do produto.