×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Unha misión empresarial do CLUSAGA participa na feira tecnolóxica Hannover Messe

Unha delegación empresarial do Clúster Alimentario de Galicia ven de participar na Feira Tecnolóxica Hannover Messe, a maior feira mundial de tecnoloxía industrial, celebrada entre os días 25 e 29 de abril na cidade alemana de Hannover.

Esta misión, integrada por cinco delegados de empresas e centros tecnolóxicos galegos, organizada polo Clúster Alimentario de Galicia en colaboración coa organización Deutsche Messe, supuxo o primeiro fito internacional na nova estratexia do CLUSAGA, que recolle coma eixe estratéxico cara o 2020 o avance cara a fábrica do futuro.

Hannover Messe

Tódolos anos a Hannover Messe convértese no escaparate do futuro industrial. Ano tras ano máis de 5.000 expositores usan esta feira para presentar as súas innovacións tecnolóxicas. Anualmente, o maior recinto feiral do mundo tórnase por unha semana no escaparate do futuro ó que acoden preto de 200.000 visitantes para as novas tecnoloxías no ámbito industrial.

A Hannover Messe non só é unha cita para a industria, senón que tamén as organizacións e gobernos sérvense do impacto do evento para lanzar novas iniciativas globais, sendo especialmente destacada a participación nesta edición dos Estados Unidos coma país asociado.

Dende fai sete decenios, Hannover Messe visualiza a evolución das tecnoloxías de produción. É máis aínda, a maior feira industrial do mundo que impulsa activamente o progreso. Isto apréciase con especial claridade no tema “Industria 4.0” este concepto presentouse por primeira vez en Hannover, no ano 2011.

O tema central da feira é a Industria Integrada, a Fábrica Intelixente coa aplicación práctica de tecnoloxía intelixente á produción industrial, patróns e modelos de negocio para a industria integrada na busca da mellora da competitividade cunha produción flexible e eficiente.

A vindeira Hannover Messe terá lugar do 24 a 28 abril de 2017, con Polonia coma país asociado.

O máis destacado da Hannover Messe 2016 en imaxes.