×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
 Unha delegación de restaurantes españois premium coñece de primeira man os produtos galegos

visita a unha bodega

O Clúster Alimentario de Galicia levou a cabo os días 7 e 8 de marzo, dentro do seu programa Meet the Buyer, unha misión comercial inversa a Galicia que contou coa participación de varios responsables de compra de cadeas de restauración de ámbito estatal.

O obxectivo do programa é o de potenciar as relacións directas entre as empresas alimentarias e de bebidas de Galicia e os compradores clave do ámbito nacional do canle da hostalería e restauración, en particular no segmento Premium.

A misión comercial

A misión contou coa participación de varios representantes de importantes restaurantes e cadeas nacionais de hostelaría procedentes de Madrid como son Doña Tecla Restauración, Top 10 Restaurante & Tapas Bar e Restaurante 303 e de Sevilla coa cadea de Tabernas El Papelón, representando algúns dos establecementos líderes en innovación e calidade no sector da restauración nacional con presenza nas principais cidades españolas.

A misión desenvolveu unha axenda personalizada de visitas ás fábricas de referencia en Galicia de diferentes sectores, destacando HGA Bodegas y Viñedos de Altura, Conservas de Cambados, Bodegas Martín Códax, Lácteos Lorán e Torre de Núñez, co fin de coñecer de primeira man as materias primas, os produtos e os procesos de produción.

Asemade tiveron lugar varias xuntanzas e presentacións de produtos alimentarios, viños e espirituosos nas que os responsables de compras dos restaurantes empresas e os compradores puideron avaliar diferentes produtos gourmet e consolidar as relacións comerciais para o futuro.

Esta misión é a continuidade do programa de misións comerciais nacionais que seguirá desenvolvendo o clúster no ano 2016 nas que se pretende facer partícipes ás principais cadeas líderes en hostalería e ós centros de distribución dos produtos alimentarios e bebidas galegas, coa finalidade de reforzar a súa presenza no mercado nacional, en particular no segmento premium e gourmet.