×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Última xornada do III Ciclo de Workshops: Programa e Claves no Gran Consumo

O pasado 16 de marzo 2018 levouse a cabo a terceira e última xornada do Ciclo de Workshops: Programa e Claves no Gran Consumo organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC).

O ciclo desenvolveuse en tres xornadas formativas, a terceira xornada tivo como fin mostrar cal é a situación actual do mercado respecto a promoción que se fai no mesmo, dando pé a unha formación e metodoloxía para poder executar un plan neste ámbito de forma eficiente. Estivo levada a cabo polos formadores Xavier Cros, Responsable AecocShopperView de AECOC e Ana Ejarque, Responsable de Shopper Marketing – AECOC.

O coñecemento das motivacións de consumo e a mellora da eficiencia nos plans de actividade promocional no punto de venda é imprescindible para identificar novas oportunidades, responder as necesidades do comprador, diferenciarse e incrementar as vendas na gran distribución.

Este evento foi a finalización do ciclo formativo o cal transcorreu cun notable éxito de participación. Nos vindeiros meses espérase continuar nesta liña de formación por parte do Clusaga para seguir achegando os coñecementos do mercado e os seus consumidores ás empresas do sector da alimentación e bebidas de Galicia.