×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Gran parte do éxito das empresas está na continua innovación e a adaptación aos cambios do entorno. Para iso é imprescindible coñecer ao consumidor e tomar en consideración as súas preferencias e as tendencias do mercado para o lanzamento de novos produtos. Nesta liña, o Clúster Alimentario de Galicia elabora periódicamente informes onde se analizan as principais tendencias de consumo e do mercado nas categorías principais de alimentos e bebidas.

Neste informe analízanse as tendencias máis importantes do 2016 correspondentes a cada unha das seguintes seccións: produtos cárnicos e avícolas, substitutos da carne, ovos e derivados, elaborados de pescado e pratos preparados nas que se enmarcan algúns dos novos produtos lanzados ao mercado. Algunhas das tendencias son o boom dos snacks de carne, as novas alternativas de proteínas, os novos nichos de mercado para o ovo, innovación en conservas e refrixerado e pratos preparados amigables co medio ambiente.