×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A continua innovación e a adaptación aos cambios do entorno é clave na competitividade das empresas, por iso é imprescindible coñecer ao consumidor e tomar en consideración as súas preferencias e as tendencias do mercado. Nesta liña, o Clúster Alimentario de Galicia elabora periodicamente informes onde se analizan as principais tendencias de consumo e do mercado nas categorías principais de alimentos e bebidas.

Neste informe analízanse as tendencias máis importantes do 2016 na categoría de produtos do mar, correspondentes a cada unha das seguintes seccións: o mercado, o consumidor, novos lanzamentos e tendencias clave coma a sustentabilidade e a orixe como valor, a importancia dos produtos orgánicos, bio, naturais e saudables, os novos sabores así coma a conveniencia. Ademais dunha panorámica dos segmentos premium e gourmet.

Tendencias de Produtos do Mar