×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade/ Obxectivo

O programa Re-Acciona queda configurado como un programa de servizos a Pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos, seleccionadas mediante procedemento aberto, permítelle ás Pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos: análise de negocio, profesionalización (en vendas, produción, calidade, imaxe corporativa e financiamento) e desenvolvemento estratéxico (construción de estratexia, execución de plans, planificación da sucesión en empresa familiar, reorientación de negocio, e cooperación).

Tipo de apoio

Axudas en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

As pequenas e medianas empresas (Pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo unha actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de Peme.

Sectores incentivables

Todos.

Investimentos ou gastos computables

O Igape poderá conceder axudas ás Pemes destinatarias dos seguintes servizos:

  • Análise de potencial competitivo.
  • Profesionalización.
  • Desenvolvemento estratéxico.

Contía das axudas

Igape poderá conceder axudas ás pemes destinatarias dos seguintes servizos de análise de potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (Programa Re-Acciona), integrados en tres categorías: peme, peme asociada a un clúster e microempresa.

As pemes asociadas ao Clúster Alimentario de Galicia teñen unha taxa de cofinanzamento menor.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo límite para a presentación das solicitudes será o 21 de outubro de 2016.

Referencia lexislativa

Resolución do 19 de xullo de 2016 (DOG Nº146 do 03/08/2016) - Bases reguladoras e convocatoria.

Máis información

IGAPE Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n 15703. Santiago de Compostela
Tel. 902 300 903 / 981 541 147 . Fax: 981 558 844.

Convocatoria Re-acciona