×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Un dos desafíos actuais aos que se enfronta o sector é a tendencia á globalización da economía e a agresiva competencia, o que fai indispensable especialmente para os pequenos produtores e transformadores que sexan capaces de darlle valor engadido ás súas marcas e produtos creando un vínculo emocional cos consumidores.

Para axudarlle a definir a estratexia para a comercialización dos seus produtos, desenvólvese este servizo de balde, centrado na mellor maneira de presentar a súa empresa dende a mercadotecnia no desenvolvemento comercial e na promoción dos seus produtos. Deste xeito vaise a crear unha base para impulsar o seu negocio e darlle unha guía clara para conectar mellor cos seus clientes.

Este servizo da Consellería do Mar conta co apoio do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca é coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia, entidade con acreditada experiencia que contará con entidades de prestixio para o programa de capacitación e o de asesoramento.

Programa

1. Presentación do estudo de competencia e tendencias de consumo de produtos do mar: 10 de outubro de 2016.

2. Programa de formación en estratexias de comercialización.

  • Plan de desenvolvemento do canle HORECA: 18 de outubro de 2016.
  • Posicionamento e estratexia de marca. Packaging: 21 de outubro de 2016.
  • Plan de desenvolvemento no gran consumo e activación do punto de venda na sección de productos do mar: 27 de outubro de 2016.

3. Programa de asesoramento para o deseño de concepto para o desenvolvemento de produtos / branding e promoción. Avaliación de ideas: do 1 de novembro ao 23 de novembro de 2016.

4. Presentación dos resultados e da guía de boas prácticas de comercialización de produtos do mar: 1 de decembro de 2016.

Máis información

É necesario inscribirse previamente, estando limitado o número de prazas de formación. O prazo de preinscrición remata o 5 de outubro de 2016.

Poden participar no programa de balde pequenas e medianas empresas transformadoras, organización de produtores e outras entidades relacionadas coa produción e transformación de produtos do mar. O inicio do programa terá lugar o 10 de outubro.

Pode solicitar mais información e completar a inscrición no Clúster Alimentario de Galicia en info@clusaga.org

Programa Inscrición