×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

As empresas galegas enfróntanse a importantes retos e oportunidades ante o novo paradigma da industria 4.0.

Dende o Clúster Alimentario de Galicia séguese apostando pola formación e capacitación das empresas coa finalidade de obter un maior coñecemento sobre as tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0. Con iso preténdese dar resposta á necesidade das empresas de contar con persoal cualificado para afrontar estes novos retos.

Para desenvolver este programa formativo 2018 contarase cun panel de expertos de diferentes centros tecnolóxicos e consultores expertos: Inova, Ainia, Ledisson e Gradiant, que acompañarán durante os vindeiros meses aos participantes no programa co obxectivo de capacitalos nas últimas tecnoloxías e recursos existentes en Industria 4.0.

En base á experiencia obtida na primeira edición da formación, desenrolouse un novo programa de contidos co obxectivo de que as sesións sexan máis prácticas e estean máis adaptadas á realidade das empresas do sector.

O programa contempla un total de 40 horas de duración nas modalidades presencial e incompany e divídese en 5 bloques temáticos nos que se expoñerán diferentes aspectos sobre industria 4.0 desde o punto de vista do sector alimentario e das bebidas. Os temas a analizar inclúen a transformación dixital e Lean 4.0. MES; sistemas ciberfísicos, internet industrial das cousas e ciberseguridade; robótica; realidade virtual, realidade aumentada e simulación; fabricación aditiva (impresión 3D), loxística intelixente; big data e análise de datos cloud; innovación aberta, soporte á innovación e intelixencia competitiva.

Programa Inscrición