×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia en colaboración coas tres universidades galegas, Universidade de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, realiza a xestión dun programa de prácticas dos estudantes de grao e postgrao nas empresas asociadas ao clúster.

Marco regulatorio

As prácticas están reguladas polo convenio marco de cooperación asinado o 4 de maio de 2011, e os convenios de desenvolvemento específicos entre o Clúster Alimentario de Galicia e as tres universidades.

Beneficiarios

As empresas, centros tecnolóxicos, asociacións e outras entidades asociadas ao Clúster Alimentario de Galicia.

Obxectivos e descrición

Nos últimos meses foron incorporándose ao programa diversos estudos de grao e posgrao que permiten as empresas e entidades asociadas ao clúster adherirse a súa vez de xeito sinxelo e sen custo.

A inclusión nos diferentes subprogramas permite ás empresas ou entidades recibir alumnos en prácticas de diferentes áreas de interese específico para o sector alimentario, permitindo a formación práctica de persoal especializado, sendo un vehículo para captar e seleccionar a futuros recursos humanos nas empresas ou outras entidades e unha ferramenta para incorporar á organización iniciativas novidosas e novas ideas creativas.

Máis información

Poden obter máis información no seguinte enderezo electrónico info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Programa Inscrición