×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

As empresas galegas enfróntanse a importantes retos para sacar o máximo partido ás oportunidades que se abren coa novo paradigma da industria 4.0. Consciente da necesidade das empresas de contar con persoal cualificado para afrontar estes novos retos, CLUSAGA expón a formación e capacitación a persoal de empresas asociadas ao clúster para que obteñan un maior coñecemento sobre as tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0.

Para realizar este programa formativo CLUSAGA conta con catro entidades que colaborarán para levar a cabo a formación:

  • INOVA, unha empresa consultora cunha ampla experiencia axudando ás empresas na innovación e mellora dos seus procesos industriais.
  • AIMEN, centro tecnolóxico galego con case 50 anos de experiencia axudando a innovar ao tecido industrial en áreas como materiais avanzados, procesos de fabricación, robotización e control, etc.
  • AINIA, centro tecnolóxico valenciano cunha ampla experiencia no apoio á innovación ao sector alimentario.
  • Gradiant, centro tecnolóxico galego especializado en TIC e con ampla experiencia en transferencia de innovacións TIC á industria.

O obxecto do programa é o establecemento dun “Programa de capacitación en Industria 4.0”, facilitando os recursos de coñecemento a pequenas e grandes empresas do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) para informalos e formalos nas últimas tecnoloxías e recursos existentes en Industria 4.0.

A formación contempla 49 horas de duración e divídese en 10 bloques temáticos nos que se exporán diferentes aspectos sobre industria 4.0 desde o punto de vista das empresas do Clúster.

Nestes bloques temáticos exporanse as experiencias vividas polos relatores na implantación e execución destas tecnoloxías, dando así unha visión realista desta transformación. Contarase con demostrativos ou visitas a planta para coñecer as tecnoloxías en práctica.

O reparto de horas é o seguinte:

  • 14 horas realizaranse nas instalacións de CLUSAGA.
  • 10 horas serán realizadas en formato “telepresencial” a través dunha ferramenta web á que se conectarán os alumnos para acceder a unha presentación en directo por parte do formador.
  • 25 horas corresponderanse a formación “in company”, na que os alumnos recibirán a formación nalgunha das empresas que participan no programa.

Mais información sobre contidos no ANEXO.

Custe

O custe de participación das empresas do CLUSAGA é de 995 euros mais IVA. Realización suxeita a inscrición mínima de participantes establecida.

O abono da factura emitida polo Cluster Alimentario de Galicia ás empresas participantes debe de producirse antes do vindeiro 31 de xaneiro de 2017.

O custe de participación é susceptible de aplicar, unha vez descontados os gastos de xestión, un reintegro total estimado de ata un 25% suxeito as condicións de participación de empresas galegas requiridas na subvención do Instituto Galego de Promoción Económica IGAPE do Programa Capacita Industria 4.0. ao Clúster Alimentario de Galicia.

Máis información

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981556062.

O prazo de pre-inscrición é limitado ata o dia 16 de decembro.

Programa Inscrición