×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade / Obxectivo

Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións aos seguintes tipos de actuacións: (a) Actuacións de difusión, (b) Actuacións de promoción e (c) Prospección novos mercados.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Estas axudas incardínanse no réxime de axudas de minimis. Debe tratarse de proxectos de promoción que se inicien en 2016 con execución de gasto entre o 4 de xaneiro e 29 de xullo de 2016 teñan ou non continuación a partir desa data. Non se admitirán proxectos que se inicien a partir do 29 de xullo de 2016 e que -polo tanto- soliciten só orzamento de 2017.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial que cumpran a definición de PEME.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo.

d) Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e, ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia.

e) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos na Lei de subvencións de Galicia.

Requisitos principais do proxecto

O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

a) Actuacións de difusión:

1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro

2. Plataforma de promoción online para mercados estranxeiros.

3. Marketing dixital. Deseño de web para mercados internacionais, posicionamento da web nos mercados internacionais e posicionamento internacional en redes sociais.

b) Actuacións de promoción:

1. Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos organizados por terceiros fóra de Galicia

2. Elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro da empresa ou os seus produtos e servizos.

c) Prospección novos mercados

Axendas de reunións no estranxeiro e seguimento de contactos iniciais no estranxeiro con posibles socios ou clientes.

Inversións ou gastos computables

Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:

a) Nas actuacións de difusión, terán a consideración de conceptos subvencionables os seguintes:

- Inserción nos medios de comunicación.

- Cotas de participación en plataformas de promoción online.

- Asistencia externa para posicionamento en internet (community manager).

- Deseño, creación e aloxamento de páxina web ou aplicación soporte comercio electrónico.

b) Nas actuacións de promoción terán a consideración de conceptos subvencionables os seguintes:

- Gastos de viaxes: viaxe á cidade de celebración do evento desde algunha cidade de España e hotel.

- Gastos de aluguer de espazos e servizos relacionados: solo e ou stand: contratación de espazo, aluguer ou construción de stand, aluguer de mobiliario ou outra decoración e os servizos inherentes á participación facturados polo organizador do evento.

- Gastos de asistencia externa: intérpretes, modelos, azafatas, ou outro persoal de apoio; envío de mostras e catálogos; e deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

c) Nas actuacións de prospección de novos mercados terá a consideración de concepto subvencionable:

Asistencia externa no estranxeiro para a realización de axendas, e/ou seguimento de contactos iniciais.

Contía das axudas

Intensidade da axuda sobre os gastos subvencionables: 75%.

Para as actuacións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 72.000 euros por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 96.000 euros).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 de xaneiro de 2016 e rematará o 4 de marzo de 2016.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención pública para o mesmo proxecto ata o 100% do gasto subvencionable.

Referencia lexislativa

Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Máis información

IGAPE Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n 15703. Santiago de Compostela
Tel. 902 300 903 / 981 541 147 . Fax: 981 558 844

Convocatoria