×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade / Obxectivo

Facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización mediante prácticas en empresas ao mesmo tempo que se apoia as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo a súa disposición profesionais con formación especializada, subvención para a súa contratación e titorización do xestor durante o período de contratación subvencionable.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo.

d) Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e, ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia distinto da contratación obxecto desta axuda.

e) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Requisitos principais do proxecto

Modalidades de contratación

Serán subvencionables contratos laborais por conta allea a tempo completo ou a tempo parcial (neste caso dunha duración mínima do 50% da xornada laboral completa) de xestores da base de datos de Igape de xestores de internacionalización por un período mínimo de 15 meses para a realización de tarefas de internacionalización da empresa.

No caso de contratos a tempo parcial, un mesmo xestor pode ser compartido -con contratos subvencionados por estas bases- por un máximo de dúas empresas.

O custo subvencionable será o salario neto correspondente a un máximo de 15 meses de contratación.

Condicións da contratación:

O obxecto do contrato é a realización baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación -para un centro de traballo en Galicia de actividades relacionadas coa internacionalización empresarial. A duración do contrato non poderá ser inferior a 15 meses. O período de contratación subvencionable é o establecido na resolución de convocatoria.

Inversións ou gastos computables

Serán subvencionables contratos laborais por conta allea a tempo completo ou a tempo parcial (neste caso dunha duración mínima do 50% da xornada laboral completa) de xestores da base de datos de Igape de xestores de internacionalización por un período mínimo de 15 meses para a realización de tarefas de internacionalización da empresa. No caso de contratos a tempo parcial, un mesmo xestor pode ser compartido -con contratos subvencionados por estas bases- por un máximo de dúas empresas. O custo subvencionable será o salario neto.

O período de contratación subvencionable é o comprendido dentro do prazo de execución, entre o 4 de xaneiro de 2016 e o 30 de xuño de 2017.

Contía das axudas

A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable: 85% no caso de contratación de mulleres ou mozos, 80% no resto dos casos.

O período de contratación subvencionable é o establecido na resolución de convocatoria. A duración do contrato non poderá ser inferior a 15 meses salvo casos de rescisión do contrato por causas non imputables á empresa.

O custo subvencionable calcularase como un baremo estándar de custo unitario. O módulo que se vai aplicar, correspondente a un contrato temporal a tempo completo, é de 1.282,10 euros de salario bruto mensual.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 de xaneiro de 2016 e rematará o 19 de febreiro de 2016.

Incompatibilidades

As axudas outorgadas ao abeiro destas bases serán incompatibles con calquera outra axuda concedida para o mesmo concepto subvencionable. Estas axudas quedarán sometidas ao réxime de minimis, e non poderán superar os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

Referencia lexislativa

Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Máis información

IGAPE. Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n 15703. Santiago de Compostela
Tel. 902 300 903 / 981 541 147 . Fax: 981 558 844

Convocatoria