×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través de Red.es convoca o Programa de fomento da demanda de solucións de computación na nube para pequenas e medianas empresas. A finalidade do mesmo é ofrecer ás Pemes axudas para a obtención de solucións cloud, que poderán elexir dun catálogo estruturado en categorías, que se poñerá a súa disposicón.

As axudas cubrirán un importe de entre 625 € e 15.000 € por beneficiario, correspondente a un porcentaxe, de entre o 50% e o 80% do presuposto subvencionable solicitado.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarios de estas axudas as Pemes e os autónomos que conten cos seguintes requisitos: menos de 250 empregados e un volume de negocio menor de 50 millóns de euros, domicilio social en España e que iniciaran a súa actividade antes da publicación das bases.

Áreas incentivables

Este programa de axudas proporciona vantaxes a través de 10 solucións que son susceptibles de implementarse en calquera negocio. Estas solucións, ademais, son transversais a toda actividade económica: posto de usuario, xestión económica, xestión de negocio, relación con clientes, xestión do punto de venda, comercio electrónico, infraestrutura como servizo, plataforma de desenvolvemento como servizo e centraliña virtual.

Presentación de solicitudes

As solicitudes poderanse presentar ata o 8 de xuño. A súa tramitación será a través da sede electrónica de Red.es e será necesario o certificado electrónico do representante legal da empresa solicitante.

Mais información

Para calquera aclaración ou información adicional sobre esta convocatoria na seguinte ligazón ou poden dirixirse ao seguinte enderezo electrónico convocatorias@red.es ou ben no teléfono 901900333.

Convocatoria Guía de axuda