×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade e obxetivo

O obxectivo das axudas reguladas nestas bases é fomentar a cooperación entre as Pemes e os demais axentes do sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.

Actividades subvencionables

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental, a innovación en materia de organización e a innovación en materia de procesos.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as agrupacións de empresas. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes.

As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas non vinculadas entre si das que unha deberá ser Peme e, como máximo, por seis empresas.

Condicións dos proxectos

Os proxectos estarán en consonancia cos retos contidos na RIS3 Galicia. Os proxectos de I+D+i subvencionables ao abeiro desta convocatoria deberán realizarse sempre en cooperación con Pemes e ter un orzamento subvencionable mínimo de 500.000 euros e un máximo de 1.500.000 euros dividido nas distintas actividades que realizará cada un dos integrantes da agrupación. Esixirase unha participación mínima por cada membro da agrupación de 75.000 euros e a repartición da participación de cada empresa deberá ser equilibrada, e non superará en ningún caso, a participación dunha única empresa (ou empresas vinculadas) o 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto.

Duración

A duración mínima da actividade será de dúas anualidades e a máxima estenderase ata o 31 de decembro de 2018.

Conceptos subvencionables

Os custos subvencionables desagregaranse nas seguintes partidas:

a) Custos directos: os custos directos son aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade pode demostrarse. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

  • Custos de persoal.
  • Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.
  • Materiais, subministracións e produtos similares.
  • Adquisición de patentes.
  • Servizos tecnolóxicos externos.
  • Subcontratacións.

b) Custos de carácter indirecto: os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos, gastos de supervisión e control de calidade, subministracións, seguros, seguridade ou gastos de limpeza.

Solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (ata o 22 de xaneiro de 2016). AMPLIACIÓN: 9 de febreiro.

Referencia Lexislativa

Resolución do 30 de novembro de 2015 (DOG nº 243 do 22/12/2015) – Bases reguladoras e convocatoria.

Máis información

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN. Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo) 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981957437-981957386 Email: gain@xunta.es Información web: http://gain.xunta.es

Convocatoria