×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade e obxectivo

O obxectivo das axudas reguladas nestas bases é incentivar a participación de pemes galegas en programas de I+D+i nacionais e internacionais a través da concesión de bonos para o financiamento da contratación de empresas, previamente homologadas pola Axencia Galega de Innovación e adheridas como axentes intermedios ao Programa, para a preparación das súas propostas.

Entre os programas internacionais para os cales se poderán solicitar estas axudas cabe destacar FP7, CIP, bilaterais, multilaterais, EEA Grants, Eurostars e outras iniciativas ao amparo dos artigos 169 e 171 do Tratado CE, así como os novos programas a partir do ano 2014 como Horizon 2020. Os programas nacionais de I+D+i a que vai destinado este programa deberán ser proxectos de tipo colaborativo e estar orientados ao tecido empresarial.

Tipos de apoio

Incentivo directo a fondo perdido.

Beneficiarios potenciais

As pemes, segundo a definición do anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008. Estas pemes deberán ser galegas ou ter centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades de preparación da proposta nacional ou internacional para a cal soliciten o bono de innovación.

Modalidades

Segundo o ámbito de aplicación diferenciaranse dous tipos de incentivos ou bonos:

-Bonos nacionais: para a preparación de propostas a convocatorias nacionais de proxectos de I+D+i en cooperación que deberán ser seleccionadas para o seu financiamento polo organismo nacional a que se presentaron e non contar a dita convocatoria nacional co cofinanciamento autonómico.

-Bonos internacionais: para a preparación de propostas a convocatorias internacionais de I+D+i que deberán obter unha boa valoración do organismo internacional a que se presentaron, o que se comprobará a través da superación dos limiares de valoración establecidos na propia convocatoria internacional.

Inversións ou gastos computables

1. Dentro destas tramitacións inclúense como subvencionables, os gastos de contratación da consultoría profesional do axente intermedio seleccionado pola peme para a preparación da súa proposta, sempre que estea debidamente homologado pola Axencia Galega de Innovación. A listaxe de axentes intermedios homologados estará dispoñible na web da Axencia Galega de Innovación.

2. Só serán subvencionables aqueles gastos que de xeito inequívoco respondan á natureza da actividade subvencionada e non estean incluídos entre os gastos presentados á convocatoria nacional ou internacional a que se concorra.

Contía das axudas

A axuda que se vai conceder asume a forma de incentivo directo a fondo perdido, que consiste na entrega dunha cantidade calculada como unha porcentaxe da base incentivable aprobada que non terá que devolverse. A intensidade da axuda será do 100 % do custo do servizo considerado incentivable.

Prazo de presentación de solicitudes

Inicialmente a vixencia do Programa bonos de innovación está prevista ata o 31 de decembro de 2015.

Referencia lexislativa

Resolución do 16 de setembro de 2013 (DOG nº 181 do 23/09/2013) - Bases reguladoras e convocatoria.

Información e tramitación en

Axencia Galega de Innovación. Email: programas.gain@xunta.es. Teléfono: 981 54 39 93. Información web.