×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Primeira xornada do programa de formación en marketing internacional para o sector mar-industria organizado por Clusaga e Mascomex

O pasado 19 de xaneiro celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC a primeira sesión do programa formativo en marketing internacional para o sector mar-industria nunha xornada que levou por título “A industrialización unha decisión estratéxica”.

Trátase da primeira formación dun total de dez dentro deste curso organizado polo Clúster Alimentario de Galicia e o Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior MASCOMEX da Universidade de Santiago de Compostela, que conta con máis de 25 anos de experiencia e está considerado un dos mellores de España na súa especialidade segundo o ranking publicado por El Mundo.

O programa está dirixido a xerentes, equipos de marketing e comerciais das empresas e asociacións do sector mar-industria e divídese en dúas partes. A primeira consta dun programa formativo presencial co fin de dotar aos participantes dos coñecementos necesarios para afrontar con éxito a súa saída ou expansión no mercado internacional. A segunda parte concrétase na elaboración dun Plan de Internacionalización individualizado para sete das empresas participantes.

A formación conta con destacados docentes expertos no sector non só no ámbito académico senón tamén no profesional, aportando uns coñecementos chave para que os alumnos adquiran as competencias adecuadas.