×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Preséntase o novo proxecto do Clúster Alimentario de Galicia en Estados Unidos: Galicia Food&Drink USA

reunión do IGAPE con Galicia Food&Drink USA

O Clúster Alimentario de Galicia, presentou hoxe o novo consorcio de empresas do clúster en Estados Unidos no proxecto denominado Galicia Food & Drink USA, sumándose así as empresas participantes no primeiro consorcio constituido en 2013. O papel do cluster integrado nos consorcios é apoiar na definición da estratexia e a constitucion, xestion e dinamizacion dos consorcios para facilitar a colaboracion no acceso ao mercado norteamericano.

Galicia Food & Drink USA I

O primeiro consorcio consolida a súa actividade en destino tras a constitucion da filial en destino no ano 2014, Galicia Food & Drink USA Corporation con sede na cidade de Nova York. O consorcio constituido inicialmente por tres empresas (Aceites Abril, Conservas Antonio Alonso e Viña Costeira) contou co aopio do IGAPE na primeira implantacion exterior do mercado en USA. No 2015 presentase o proxecto para a súa consolidacion ata o ano 2017.

Galicia Food & Drink USA II

En setembro de 2015 ven de constituirse o novo consorcio nos Estados Unidos, constituído por Cafés Candelas, Mieles Anta, Portomuíños, Queixerías Prestes e Industrias de Panificación Campelos do Coto, xunto co propio Clúster Alimentario de Galicia, que definiron o proxecto PRIMEX para o acceso conxunto ao mercado norteamericano que se presentou ao IGAPE para o seu apoio na fase inicial de desenvolvemento na anualidade 2016-2017.

Presentacion do proxecto Galicia Food & Drink USA

Na primeira xuntanza conxunta de ambos consorcios definuse os próximos pasos para a definicion dun progama de accion e a elaboracion dun plan de internacionalizacion individualizado para cada empresa en colaboracion co Master de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela integrando un estudo de mercado e un plan comercial.

Asemade a xuntanza de inicio do proxecto permitu presentarlle o proxecto conxunto en USA ao director de internacionalización do IGAPE, Abel Veiga, que comprometu o apoio do Igape nos diferentes ambitos para facilitar o acceso das PEMEs galegas ao mercado norteamericano.

O mercado dos Estados Unidos

Un mercado prioritario para a industria de alimentos e bebidas galega son os Estados Unidos. A gran potencia mundial económica é o primeiro país fóra da Unión Europea como destino das nosas exportacións cun crecemento medio anual do 12% nos últimos cinco anos. Asemade na última decada, o mercado estadounidense mantivo taxas de crecemento de mais do 5 % motivado, entre outras cousas, polo ascenso do mercado latinoamericano e un maior interese na gastronomía gourmet polo que é un mercado moi atractivo para as empresas do sector de alimentos e bebidas de Galicia.