×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Presentado o Plan de Internacionalizacion Galicia Food & Drink USA

alumnos do MASCOMEX que participaron no Plan de Internacionalización

As empresas galegas presentes no consorcio de exportación Galicia Food&Drink USA posúen un Plan de Internacionalización cun estudo de mercado específico, do cal se presentaron hoxe as conclusións, elaborado polos alumnos do Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela (MASCOMEX) titorizados por expertos consultores, e coa colaboración do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA).

As seis empresas participantes Café Candelas, Kiwi Atlántico, Porto-Muiños, Mieles Anta, Viña Costeira e Queixerías Prestes, foron avaliadas para coñecer o seu potencial de internacionalización de cara ao mercado estadounidense. Os Plans estrutúranse en tres puntos fundamentais: a Análise de Capacidades e o Diagnóstico do Potencial de Internacionalización; o Estudo de Mercado dos Estados Unidos e un Plan de Acción Comercial no que se establecen propostas individualizadas para cada unha das empresas.

O desenvolvemento do proxecto

No ultimo trimestre de 2015, os alumnos de MASCOMEX realizaron a primeira parte do proxecto, consistente nunha análise económica e comercial dos Estados Unidos, tratando de identificar as fortalezas y debilidades da súa economía, así como las oportunidades comerciais e de negocio para as empresa do sector alimentario e dos viños galego.

O obxectivo foi realizar un diagnóstico da situación actual do mercado norteamericano e das súas perspectivas económicas. Asemade analizáronse a súa política comercial e as relaciones económicas con España, para identificar as principais oportunidades de negocio. Nesta análise tamén se incorporou unha avaliación do Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP), que actualmente se atopa en negociación entre Estados Unidos e a Unión Europea, cuxa ratificación implicará un significativo cambio nas relacións comerciais entre ambas rexións.

Durante o primeiro semestre de 2016, os alumnos de MASCOMEX titorizados por expertos consultores e co apoio e implicación dos directivos das empresas, desenvolveron os seus plans de internacionalización. Como paso previo, elaboraron un diagnóstico da capacidade de internacionalización de cada empresa, a continuación realizaron unha selección de mercados exteriores baseada en datos obxectivos, para comprobar que realmente EE.UU. se situara entre os seus primeiros mercados (Top10), así como para suxerir outros mercados que poderían resultar de interese. Finalmente elaboraron o estudo de mercado e un plan de acción comercial axustado as capacidades e necesidades de cada unha das empresas.

Coma remate final do proxecto, o 22 de xuño os alumnos de MASCOMEX presentaron os plans de internacionalización aos directivos das empresas, os cales destacaron a profundidade dos planes realizados, na valoración de excelencia dos traballos.