×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Presentación da marca Clústers Galicia

membros de diferentes clusters galegos

Clústers Galicia constitúese como unha rede de clústers orientada a potenciar sinerxías entre as empresas de diferentes sectores e respaldar o seu acceso a mercados internacionais. Inicialmente, forman parte desta rede os clústers galegos de acuicultura, alimentación, automoción, audiovisual, granito, madeira, comunicación gráfica, TIC, naval e téxtil-moda.

A Consellería de Economía e Industria vén facilitando desde hai anos o reforzamento dos clústers galegos e a colaboración entre eles para promover as mellores prácticas, os proxectos conxuntos e as alianzas a nivel rexional, nacional ou internacional.

O director do Igape, Javier Aguilera salientou ademais a importancia de potenciar a colaboración entre os clústers como unha excelente panca para avanzar na mellora da competitividade empresarial e na internacionalización do tecido produtivo galego. Durante a súa participación na presentación da marca Clusters Galicia, que reúne aos dez clústers galegos que contan con recoñecementos de excelencia a nivel europeo ou nacional, Aguilera destacou a importancia da cooperación entre diferentes clusters como ferramenta para potenciar a competitividade dos sectores implicados.