×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto

Os Premios “Alimentos de España- Edición 2016”, na súa XXIX edición, ten por finalidade recoñecer as accións levadas a cabo polos profesionais, entidades e empresas que participan na cadea alimentaria, os traballos de innovación e inversión teconolóxica, as estratexias de comercialización nacionais e internacionais, así como accións que favorezan a difusión, coñecemento e promoción dos nosos alimentos e a gastronomía.

Modalidades

a) Premio “Alimentos de España á Industria Alimentaria” e Accésit “Alimentos de España á Iniciativa Emprendedora”.

b) Premio “Alimentos de España á Produción Ecolóxica”.

c) Premio “Alimentos de España á Internacionalización Alimentaria”.

d) Premio “Alimentos de España á Produción da Pesca e da Acuicultura”.

e) Premio “Alimentos de España á Comunicación”.

f) Premio “Alimentos de España á Restauración”.

g) Premio “Extraordinario Alimentos de España”.

Participantes

Poderán participar as empresas, entidades ou persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada, de acordo co establecido no artigo 3 da Orde AAA/854/2016, de 26 de maio que cumpran cos requisitos para cada unha das modalidades descritas, artigo 9.2 da mesma.

Forma e lugar de presentación

Presentarase a solicitude e declaración establecida nos anexos da convocatoria debidamente cumprimentados. Acompañaranse unha memoria (máximo 8 páxinas escritas con letra Arial, tamaño 12 puntos e interlineado sinxelo) coas actuacións máis destacadas polas que se desexa optar ao premio e o material documental que se estime oportuno, de acordo co especificado no anexo IV. A documentación achegarase en soporte dixital (preferiblemente en disco extraíble - pendrive): a memoria e os elementos divulgativos en pdf e os elementos audiovisuais nos formatos soportados por Windows Media Player: MPG ou AVI. O tamaño máximo de cada ficheiro non deberá superar os 300MB.

Ademais, presentarase documentación adicional para os seguintes premios:

a) Premio Alimentos de España á Produción Ecolóxica: Certificado en vigor e válido que acredite que o operador que produce ou elabora os produtos cumpre coa normativa sobre produción ecolóxica.

b) Premio Extraordinario Alimentos de España: Anexos I, II e III da convocatoria.

A solicitude, declaración, memoria e documentación dirixiranse á Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e presentaranse no Rexistro Xeral do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Farase constar no exterior do envío: "Premios Alimentos de España, ano 2016".

Prazo de presentación

O prazo máximo para a presentación de solicitudes será de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado». A data límite para a presentación de solicitudes finaliza o 7 de novembro de 2016 (este inclusive).

Resolución

A resolución ditarase no prazo de seis meses desde a publicación do extracto da convocatoria, segundo o previsto no artigo 6 da Orde AAA/854/2016, de 26 de maio.

Entrega dos premios

Os premios entregaranse nun acto convocado ao efecto polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Máis información

Pode obter máis información no seguinte ligazón. Así como, na Dirección Xeral da Industria Alimentaria. Subdirección Xeral de Promoción Alimentaria . Paseo Infanta Isabel, 1 28014 Madrid . No teléfono 91 347 50 12 / 91 347 53 77 ou no correo electrónico e-mail: premiosalimentacion@magrama.es

Convocatoria