×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Polonia e Alemaña estreitan relacións comerciais con empresas galegas na misión do CLUSAGA

O Clúster Alimentario de Galicia, co apoio do Igape, organizou unha misión comercial inversa os días 14,15 e 16 de marzo do 2017 con importadores de Alemaña e Polonia. Os tres importadores comercializan produtos españois nos seus respectivos países e grazas a esta misión tiveron a oportunidade de afianzar as relacións comerciais con empresas galegas de alimentación e bebidas, ademais de coñecer novas referencias.

Os mercados alemán e polaco

Alemaña, cunha poboación de 80,62 millóns de persoas, é a cuarta economía máis poderosa do mundo. Para España, Alemaña é o noso segundo principal importador de bens e servizos, despois de Francia, polo que este mercado resulta de especial interese. O alimentario é, logo dos produtos manufacturados e o automobilístico, o sector que ten un maior valor dentro das exportacións.

Polonia, situado no centro de Europa e clave nas comunicacións transeuropeas, ten máis de 38,5 millóns de persoas. Experimentou unha apertura comercial desde a súa adhesión á UE no 2004, sendo cos socios da unión as súas principais relacións comerciais. A crise no mercado polaco tivo unha incidencia máis leve que para o resto da UE e para os próximos anos augúrase que continúe crecendo.

A misión comercial

Os importadores achegáronse a Galicia a coñecer de primeira man os produtos galegos. As accións que se levaron a cabo consistiron en varias visitas a empresas e bodegas, así como entrevistas individuais cos compradores.

Esta misión proporcionoulles a oportunidade de degustar diferentes alimentos como produtos cárnicos, café, froitos secos, panadaría e produtos do mar, entre outros, así como participar en catas de viños; coñecendo novos produtos de interese para os seus mercados.