×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) configúrase como un instrumento fundamental para a mellora da competitividade das empresas. As debilidades que arrastra o sector e as ameazas ás que se enfronta, froito dos cambios na contorna (evolución do consumo, cambios na distribución, globalización dos mercados), fan máis necesaria unha acción conxunta dos diversos axentes co fin de afrontar en mellores condicións as actuacións que serán precisas nos próximos anos. O CLUSAGA, como aglutinante do sector alimentario galego, está en condicións de liderar esa necesaria acción conxunta.

Unha vez completado o Plan Estratéxico 2011- 2015 o Clúster está a elaborar un plan estratéxico para o horizonte 2016- 2020. O Plan busca un equilibrio entre a ambición dos obxectivos e o realismo das accións previstas. O reto é deseñar obxectivos e actividades que sistematicen o que os axentes do sector están interesados e dispostos a facer en común.

Con este fin elaborouse unha enquisa aos socios e outros axentes para definir o avance do Plan Estratéxico. Pode completar a enquisa no seguinte ligazón.

Enquisa