×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Cos obxectivos de promover a internacionalización, reforzar a presenza nos segmentos de mercado con maior expansión e reforzar a imaxe de marca Galicia no ámbito alimentario, o Clúster Alimentario de Galicia realiza diversas actuacións de promoción a nivel internacional recollidas no Plan Anual de Internacionalización 2016- 2017.

En particular, a participación conxunta en feiras e outros eventos de interese, tanto de ámbito nacional como internacional, a organización de showrooms e demostracións de ámbito profesional e a organización de actividades de promoción conxunta dos produtos alimentarios galegos con supermercados e grandes cadeas de distribución.

A participación dos socios do CLUSAGA en eventos internacionais canalízase a través dos organismos públicos e privados colaboradores que organizan respectivamente os pavillóns institucionais de España (ICEX e FIAB) e Galicia (Consellería do Medio Rural e do Mar) e complementariamente as misións directas asociadas a feiras dentro do Plan FOEXGA (IGAPE).

Plan