×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Xurado dos Premios Galicia Alimentación outorga os premios da II Edición

membros do xurado da II Edición dos Premios Galicia de Alimentación

O Clúster Alimentario de Galicia convocou a diversos representantes institucionais que constituíron hoxe no AC Palacio del Carmen Autograph Collection en Santiago de Compostela o xurado da segunda edición dos Premios Galicia de Alimentación, estudando as máis de 40 candidaturas presentadas ás tres categorías.

O resultado da selección das tres categorías: Premios Galicia de Alimentación ao produto innovador do ano, ao proxecto empresarial do ano e á internacionalización, presentarase nun acto público coincidindo coa Asemblea Xeral do Clúster Alimentario de Galicia no mes de xuño.

Os Premios Galicia de Alimentación

A finalidade dos premios é incentivar a promoción dos produtos alimentarios e bebidas galegas, os proxectos e as empresas e as institucións relacionadas, mellorar a súa imaxe e posición e de forma que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector alimentario, como na sociedade en xeral.

A segunda edición dos premios foi convocada o 6 de abril de 2016 e deu lugar á presentación de máis de 40 candidaturas nas diferentes categorías. O xurado contou con representación da directiva do Clúster Alimentario de Galicia, así como do Instituto Galego de Promoción Económica, a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a Consellería do Mar, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela; tamén estiveron presentes representantes das tres entidades patrocinadoras, Galega de Distribuidores de Alimentación (GADISA), Gas Natural Fenosa e AC e dun representante en nome dos galardoados na pasada edición, Portomuiños, que recibira o premio ao proxecto empresarial 2015.

Na xuntanza o xurado analizou as diferentes propostas buscando estimular aos diferentes elementos da cadea alimentaria na produción, transformación, distribución, utilización, coñecemento e consumo destes alimentos, así como, recoñecer o seu esforzo comercializador, innovador e de desenvolvemento sustentable. Valoráronse a traxectoria empresarial ou asociativa, a transferencia de coñecementos tecnolóxicos e I+D nos produtos, así como os procesos que melloren a calidade de vida dos consumidores, a relevancia socioeconómica, o impacto internacional ou o carácter innovador dos mesmos.