×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Coñecer as debilidades e fortalezas dos mercados, estudar os nichos e promover de ser preciso a adaptación do produto ás necesidades do mercado constitúe un paso imprescindible para as empresas que desexen internacionalizarse. Os mercados altamente competitivos, como o vinícola, esixen un estudo previo que incremente as oportunidades de éxito das empresas.

Os Estados Unidos xogan un papel fundamental no mercado vinícola, sendo o maior mercado do mundo en termos de valor, ademais dun berce para as novas tendencias do sector, unhas cualidades que o destacan como altamente atractivo para as empresas. Para lograr un mellor achegamento ao mesmo, o Clúster Alimentario de Galicia ven de elaborar un informe sobre o mercado do viño nos Estados Unidos. Neste informe analízanse os datos de mercado e as previsións futuras, o panorama competitivo e as estratexias de posicionamento das principais compañías e marcas, así como as tendencias de consumo dos estadounidenses.

Información

Solicitude de informe