×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O segundo workshop do proxecto ialimentec analiza o desenvolvemento e a innovación de produtos para a poboación infantil

O Cluster Alimentario de Galicia, coa colaboración do Centre Tecnologic de CatalunyaEURECAT e a Asociación Empresarial Innovadora Nutrición e Saúde AINS, organizaron hoxe o segundo workshop sobre innovación en alimentos e nutrición infantil na sede da Unidade de Nutrición e Saúde CTNS en Reus.

Ialimentec

Foi a segunda xornada de traballo do proxecto innovación en alimentos e nutrición infantil desde unha contorna colaborativa virtual ialimentec, un proxecto en cooperación con distintos actores da cadea de valor dos alimentos, coordinado pola AEI Clúster Alimentario de Galicia, no que participan varias empresas, organizacións e centros tecnolóxicos e de coñecemento de Galicia e Cataluña coa finalidade de desenvolver alimentos mellorados, adaptados á demanda e necesidades do segmento de poboación infantil, máis saudables, que repercutan positivamente no seu benestar e calidade de vida.

Financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade o proxecto busca promover a competitividade das empresas a través da colaboración nun entorno virtual aberto (plataforma) facilitando o desenvolvemento de procesos colaborativos de apoio á innovación, con vistas a facilitar a elaboración a nivel piloto de alimentos novos ou mellorados destinados á poboación infantil, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

O obxectivo do proxecto é impulsar a competitividade das PEMES da cadea de valor dos alimentos dende a cooperación e transparencia de coñecemento, reforzando o seu potencial innovador e apoiándose nas novas tecnoloxías dixitais, establecendo estratexias de desenvolvemento, partindo da identificación das oportunidades que presenta o segmento da poboación infantil para o sector alimentario.

A xornada de traballo

O evento comezou coa intervención de Francesc Puiggrós, Promotor Tecnològic Unitat de Nutrició i Salut EURECAT, para dar paso a un estudio sobre estratexias para incrementar as eleccións saudables en alimentación e actividade física nos máis cativos o cal foi presentado por dúas investigadoras do departamento de Medicina e Ciruxía da Universidade Rovira i Virgil. Por outra banda, Antoni Caimari de EURECAT, cunha presentación sobre modelos biolóxicos para estudar os efectos dos alimentos na poboación infantil.

Asemade celebrouse unha mesa redonda sobre o desenvolvemento e a innovación de produtos para a poboación infantil, incluíndo dende os ingredientes dispoñibles en el mercado para a formulación de alimentos infantís mais saudables ata as estratexias de mercadotecnia e comunicación.

Finalmente os asistentes os socios do consorcio celebraron a xuntanza de coordinación para a planificación e coordinación dos diferente paquetes de traballo e presentouse a plataforma do entorno virtual colaborativo iAlimentec que será a base para o traballo en rede no marco do proxecto.