×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O sector alimentario reúnese nos Jobs Days da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

mesa redonda participada polo clúster

Os Job Days, organizados pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP – AECT) e o EURES Transfronterizo Galicia – Norte de Portugal (EURES – T), xunto con Instituto do Emprego e Formação Profissional de Portugal e a Xunta de Galicia, e nos que colaboraron o Clúster Alimentario de Galicia, reuniron en Tui a empresas e profesionais do sector alimentario co obxectivo de promover a mobilidade laboral e o emprego no sector alimentario na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Desenvolvemento da xornada

O evento inaugurouse coas intervencións do alcalde da cidade de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes; a conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez Mejuto; a directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP-AETC), María Geraldes; César Ferreira, da Rede Eures Galicia – Norte de Portugal; o presidente da CCDR-N e da Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal, Emidio Gomes e o director Rexional de Agricultura do Norte de Portugal, Manuel José Serra de Sousa Cardoso.

Durante a xornada, tamén se desenvolveron conferencias e presentacións especializadas sobre asuntos como O sector alimentario como motor de crecemento no período de financiamento 2014-2020, mesa redonda na cal participou o Cluster Alimentario de Galicia.

Ademais, o foro contou cunha área de exposición, destinada fundamentalmente ao intercambio de información entre candidatos laborais e as empresas que se ofertaban, á realización de entrevistas, así como á publicación das ofertas específicas de emprego na plataforma informática especialmente habilitada para o evento.