×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O plan promocional coma elemento básico na diferenciación e activación do punto de venda

asistentes ao workshop

A mellora da eficiencia nos plans de actividade promocional e merchandising no punto de venda é imprescindible para responder ás necesidades do comprador, diferenciarse e incrementar as vendas da categoría no punto de venda.

Nesta liña, o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) organizou, no día de hoxe, a xornada sobre activación do punto de venda, centrado na actividade promocional e merchandising, encadrada no ciclo de workshops sobre o panorama e as claves de futuro da gran distribución. A xornada, que tivo lugar nas instalacións do clúster, contou coa participación de representantes de varias empresas asociadas do sector da alimentación e das bebidas.

A xornada

Os obxectivos da xornada foron destacar a importancia do punto de venda e as tácticas fundamentais para activar as vendas, coñecer os conceptos básicos do proceso promocional e as principais ferramentas do merchandising, coñecer o comportamento e valoración do shopper actual sobre as accións promocionais e de merchandising no punto de venda así como revisar as recomendacións para o desenvolvemento e execución dun plan promocional e un plan de merchandising eficiente.

Deste xeito, na xornada analizáronse as tácticas de activación en punto de venda: Actividade promocional e Merchandising e a percepción e valoración do shopper do punto de venda e actividade promocional. Como conclusión, permitiu estudar as recomendacións de AECOC en merchandising e promocións eficientes.

A xornada, cun contido eminentemente práctico, estivo impartida por Natalia Marco, responsable de shopper márketing de AECOC. Tamén contou coa presenza de Belén Derqui, ex directora de márketing de Bimbo, a cal expuxo un caso práctico sobre a implantación e activación completa no punto de venda da marca Bagels de Bimbo.