×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O modelo do Cluster Alimentario de Galicia nunha xornada internacional sobre clústers en Arxentina

Máis de 400 persoas participaron o pasado 25 de Abril na Cidade de Bos Aires dunha xornada internacional sobre políticas públicas para Clusters e Micro Rexións na que se expoñen experiencias e novos desafíos. Foi organizado pola Unidade para o Cambio Rural (UCAR) do Ministerio de Agroindustria de Arxentina, de maneira conxunta co Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria (INTA) e o Goberno da provincia de Bo Aires, co apoio do Banco Interamericano de Desenvolvemento e o Banco Mundial.

Cabe destacar neste evento a presenza como poñente do Presidente do Clúster Alimentario de Galicia, Juan Vázquez Gancedo, o cal explicou de primeira man o traballo que ven de realizar nos últimos anos CLUSAGA, sendo un referente para novos modelos de asociacións no sector da alimentación e noutros ámbitos. De esta forma comprobouse que en moitos países do mundo realízanse actividades e proxectos moi parecidos para mellorar de forma competitiva pero sen esquecer as peculiaridades de cada rexión, que invitan a traballar en cousas concretas para intentar obter os maiores beneficios posibles.

Este intercambio de ideas comúns e alleas, permite facer unha liña de traballo común que invita a seleccionar aqueles procesos que poden ser positivos no propio entorno e que están dando resultado noutros países ou sectores.

Unha das propostas principais do evento foi xerar un espazo de reflexión sobre as políticas públicas de apoio á competitividade territorial no marco do peche dunha etapa de financiamento internacional do PROSAP III e a aprobación do novo tramo, PROSAP IV, considerando este un bo momento para mostrar resultados e compartir experiencias e aprendizaxes capitalizados ao longo dos anos.

O encontro contou coa participación dunhas 400 persoas, entre elas representantes dos 34 clústeres e 18 micro rexións que formularon plans de mellora competitiva e recibiron asistencia técnica e financeira; autoridades dos gobernos provinciais que seleccionaron e apoiaron estas iniciativas na súa etapa de formulación e execución; representantes de organizacións de produtores; representantes de bancos públicos e privados; universidades; técnicos do INTA; e funcionarios provinciais e nacionais.

Isto deu como resultado unha xornada na que mostraron experiencias internacionais e tamén locais, sendo ambas moi positivas para tódolos participantes, facendo especial fincapé nos procesos de axuda profesional e financeira para os grupos de traballo máis modestos e locais de Arxentina.