×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O mercado mexicano máis preto grazas a unha misión comercial do Clúster Alimentario de Galicia

Compradores durante unha das visitas a bodega

O Clúster Alimentario de Galicia ven de organizar, conxuntamente co IGAPE, unha nova misión comercial inversa na que participaron importadores e distribuidores de México. A misión comercial que se desenvolveu durante tres días permitiu aos importadores coñecer de primeira mán produtos de orixe galega, abrindo ás empresas galegas unha oportunidade de cara a súa internacionalización.

A misión comercial

A Misión inversa de México desenvolveuse entre o 8 e o 10 de maio e contou coa presenza de catro importadores/distribuidores de México, provedores das principais cadeas de alimentación mexicanas.

Durante a misión, combináronse visitas a fábricas e empresas de alimentación con encontros individuais entre os compradores e as empresas galegas, que permitiron aos importadores coñecer non só os produtos senón tamén o proceso produtivo dos mesmos.

Deste xeito visitáronse bodegas de distintas denominacións de orixe, así como empresas do sector lácteo, mar-industria e cárnico. As reunións tiveron como obxectivo principal facilitar aos compradores o coñecemento de produtos gourmet de distinta orixe, dende produtos de panadería ata bebidas alcohólicas.

O mercado de México

México é segundo a Organización Mundial do comercio o 12º maior importador do mundo. Nos últimos anos o grao de apertura da súa economía situouse en torno ao 60%, permitindo a entrada de produtos alimentarios non só de EEUU senón do resto de países da contorna.

Os principais socios comerciais de México son EEUU e China seguidos pola Unión Europea onde España ocupa unha posición destacada sendo o 12º proveedor do país mexicano dende 2009. Neste contexto, cunha crecente demanda de produtos importados por parte do país mexicano é preciso reforzar os históricos vínculos co país mexicano que lle permiten a España partir dende unha posición vantaxosa.