×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O mercado chinés, primeiro mercado mundial de alimentos e bebidas

clase práctica de exportación de alimentos e bebidas a China

O Clúster Alimentario de Galicia en colaboración co EU SME Centre China vén de organizar hoxe o workshop Como exportar alimentos e bebidas a China, nas súas instalacións de Santiago de Compostela, no que participaron varios responsables de departamentos de exportación de empresas socias con interese en afondar no coñecemento do mercado chinés.

EU SME Centre

EU SME Centre é unha iniciativa da Unión Europea con sede en Beijing que proporciona unha ampla gama práctica en servizos de apoio ás pequenas e medianas empresas para preparalas a facer negocios en China. Está formado por un equipo de expertos que ofrece asesoramento e apoio en catro áreas de desenvolvemento empresarial: de avogados, de normalización, de conformidade e de recursos humanos.

O workshop Como exportar alimentos e bebidas a China

Os obxectivos da xornada eran obter unha visión en profundidade do mercado chinés de alimentos e bebidas, coñecer o comportamento deses consumidores, analizar o sistema de acceso e regulamentos de entrada neste sector e desenvolver un plan de acción práctico.

Deste xeito pretendíase apoiar a exportación con éxito dos alimentos e bebidas á China das empresa galegas, analizando unha visión xeral do mercado de alimentos e bebidas en China, facendo énfase nas barreiras técnicas de acceso e as peculiaridades da comercialización tradicional e do cada vez máis importante comercio electrónico.

A xornada estivo impartida por Pablo Recio Gracia, Managing Director de EIBENS, experto asociado do EU SME Centre residente neste país asiático dende o 2005 e especialista no acceso de alimentos e bebidas a China, incluíndo a formación de empresas, busca de socios chinos, superación de barreiras técnicas, seguimento de contactos, estratexias de entrada e posicionamento de produtos.

O mercado chinés, primeiro mercado mundial de alimentos e bebidas

China desbancou aos Estados Unidos de América como o país que máis oportunidades ofrece para exportar alimentos e bebidas, segundo un estudo realizado pola escola de negocios IESE e a consultora Deloitte.

O informe, titulado "Vademecum on Food and Beverage Markets 2016", analiza os mercados con maiores oportunidades de exportación e negocio para as empresas do sector e identifica os máis atractivos.

Neste sentido, China ocupa o primeiro posto do 'índice de atractividade' por ser o país que conta coa maior poboación, coa maior clase media do mundo e coas mellores previsións de crecemento de gasto futuro.