×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O II Foro Galicia Alimentación debate sobre as estratexias e os desafíos de futuro do sector

O Clúster Alimentario de Galicia organizou hoxe na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o II Foro Galicia Alimentación coincidindo coa III Edición dos Premios Galicia Alimentación, o cal contou con mais de 200 representantes do sector empresarial e de organizacións e institucións relacionadas co sector alimentario de Galicia. A celebración deste Foro veu precedido pola Asemblea Xeral Ordinaria de socios do clúster.

INNOVACIÓN EN ALIMENTACIÓN E SAÚDE: O PROXECTO INCLUSILVER

A sesión foi inaugurada polo Vicepresidente de CLUSAGA, D. Juan José de la Cerda, dando paso a un panel de expertos que presentou o proxecto Inclusilver, no que está traballar o propio Clúster Alimentario de Galicia dende fai uns meses. A idea básica deste proxecto é responder ás necesidades dos consumidores do segmento da poboación sénior e con tal fin construirase un marco de colaboración no que se proporcionará ás PEMEs ferramentas para aumentar as súas capacidades de innovación: o acceso ao coñecemento, ao financiamento, ás infraestruturas e aos mercados.

Dª Nuria María Arribas Vera, Directora de I+D+i da FIAB; D.Jaime Veiga Pazos, Global Strategic Insights - Southern Europe Head de Johnson & Johnson; Dª Ana Isabel do Rego Felgueiras, European Projects Manager do Clúster Alimentario de Galicia e D. Manuel Antonio Botana López, Doutor en Endocrinoloxía no Servizo de Saúde de Galicia SERGAS foro os expertos que presentaron o proxecto, baixo a moderación de D. Antonio Cuevas, Responsable de I+D+i do Grupo Calvo Conservas.

A INDUSTRIA ALIMENTARIA E DAS BEBIDAS E OS DESAFIOS DO FUTURO

O segundo bloque do Foro Galicia Alimentación foi introducido por D. Miguel A. Otero Simón, Director do Mascomex-USC, o cal introduciu as conferencias individuais de grandes referentes do sector da alimentación e das bebidas. O primeiro en aportar a súa visión foi D. Luis Miguel Pasamontes, New Business Development Manager en Nielsen España cunha conferencia sobre a situación e tendencias do mercado de productos de gran consumo e o comprador.

“A busca do que parece imposible” foi o título escollido por D. Carlos Moro González, Presidente do Grupo Matarromera para a súa exposición, sendo o seguinte en tomar a palabra. Por último, Ignacio González Hernández, CEO de Nueva Pescanova compartiu cos asistentes o seu modelo actual de negocio.