×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O II Encontro de alimentación e saúde promove a colaboración entre o sistema de saúde e a industria

O 23 de febreiro tivo lugar no edificio CERSIA de Santiago de Compostela unha xornada de traballo no eido da alimentación e saúde organizada polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), a Dirección Xeral de Saúde Pública e Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS).

Na mesa de relatorios participaron unha representación de directivos e profesionais de empresas de alimentación, doutores dos principais centros de saúde galegos, así como investigadores destacados nos eidos da saúde, da alimentación e da comunicación.

A xornada foi presidida por Sonia Martínez Arca, xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS); Juanjo de la Cerda Bespino, vicepresidente do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA); e Andrés Paz-Ares, director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. O obxectivo do encontro foi acadar unha colaboración estratéxica entre sistema de saúde e industria alimentaria na I+D+i e promoción da saúde.

No eido dunha alimentación más saudable, Mª Ángeles Romero Rodríguez, catedrática de Tecnoloxía de Alimentos da USC e Mª Ángeles Dal Re Saavedra, coordinadora da estratexia NAOS de AECOSAN, focalizaron o seu discurso en hábitos e coñecementos de alimentación en segmentos de poboación, así como información para mellorar neste campo.

Por outra banda, José Ramón Fernández Lorenzo, xefe do servizo de Pediatría do CHUVI; Mª José López-Armada, coordinadora do Laboratorio de Envellecemento INIBIC do CHUAC; e Mª Rosaura Leis Trabaxo, coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica do Chus, expuxeron o seu coñecemento dos seus estudos de investigación clínica aplicada á nutrición.

O ámbito empresarial veuse representado por José A. Moreno, investigador de Laboratorios Ordesa; Juanjo de la Cerda Baspino, director técnico de Nueva Pescanova, e Diego Ferrández Jones, director de DiaBalance, compartindo casos onde a súas empresas innovaron en alimentación e saúde. A súa vez, Eduardo Cotillas Provencio, técnico en dirección de promoción e cooperación de CDTI, abarcou a importancia da financiación externa á hora de acadar logros no campo da investigación alimentaria.

Para rematar a xornada, Xavier Lorenz, socio director de INNUO fixo chegar á audiencia alí presente estratexias e tendencias de comunicación en alimentación e saúde. Ademáis, Lluís Arola Ferrer, director do Centre Tecnológic de Nutrició i Salut EURECAT, explicou a súa tese sobre os alimentos funcionais do presente, así como o seu etiquetado, e o cambio que haberá no futuro de cara a unha nutrición personalizada.