×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O IGAPE avalía o desenvolvemento do proxecto de industria 4.0 liderado polo CLUSAGA

Imaxe do encontro dos directivos das empresas con representantes do Igape

O encontro do Igape con directivos do Clúster Alimentario de Galicia e das empresas que integran o consorcio do proxecto: Innolact, Kiwi Atlántico e Bodegas Martín Códax, tivo un obxectivo dobre: avaliar os avances no desenvolvemento do proxecto aprobados no ámbito do concurso de ideas Industria 4.0 e facilitar o asesoramento preciso para favorecer a axeitada execución destes investimentos acollidos a este programa pioneiro. As axudas concedidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitan a mobilización de investimentos 4.0 por importe de preto de 600.000 euros neste proxecto.

As empresas do sector alimentario que se acolleron a este programa de axudas están a impulsar a aplicación de novas tecnoloxías intelixentes nos procesos industriais, como a aplicación de solucións dixitais nunha liña intelixente de envasado, no caso de Martín Códax; o desenvolvemento dun sistema non invasivo para determinar a calidade do froito e clasificalo de xeito automatizado, no caso de Kiwi Atlántico; e a aplicación de sistemas de automatización no proceso produtivo, no caso de Innolact.

No marco de la liña para proxectos relacionados coa fábrica intelixente, o Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración con ANFACO CECOPESCA e co apoio da Xunta de Galicia, está desenvolvendo diversas iniciativas, de acordo co previsto no Plan Estratéxico 2016-2020.

O director do Igape recoñeceu que as empresas do sector alimentario galego están entre as que máis destacan pola súa mellora competitiva, en boa medida grazas a unha decidida aposta pola calidade e a mellora continuada. Consolidar os avances nestes ámbitos é tamén o obxectivo destas axudas Fábrica 4.0, segundo sinalou Cividanes.