×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Plan de Internacionalización do Clúster Alimentario de Galicia CLUSAGA vén de ser aprobado mediante resolución do Instituto Galego de Promoción Económica IGAPE para o período 2017 - 2018, co fin de promover a internacionalización, reforzar a presenza nos segmentos de mercado con maior expansión e reforzar a imaxe de marca Galicia no ámbito alimentario.

O desenvolvemento do plan permitirá, co apoio do IGAPE, completar un ambicioso calendario de actuacións, recollidas nas medidas estratéxicas de internacionalización, encamiñándose á mellora da comercialización e acceso a novos mercados. Preténdese o desenvolvemento de servizos de información, análise e prospección de mercados, organización de accións de promoción comercial conxunta para as empresas, soporte á internacionalización das empresas e visibilidade internacional do sector.

O Plan de Internacionalización canalízase a través das seguintes accións: participación conxunta en feiras e outros eventos de interese, tanto de ámbito nacional como internacional, a organización de showrooms e demostracións de ámbito profesional e a organización de misións directas e inversas, así coma a organización de actividades de promoción conxunta dos produtos alimentarios galegos.