×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Foro Galicia Alimentación consolídase coma espazo de debate sobre o futuro do sector

relatores do Foro Galicia Alimentación

O Clúster Alimentario de Galicia organizou hoxe na Cidade da Cultura o Foro Galicia Alimentación coincidindo coa II Edición dos Premios Galicia Alimentación, o cal contou con mais de 200 representantes do sector empresarial e de organizacións e institucións relacionadas co sector alimentario de Galicia. A celebración deste Foro veu precedido pola Asemblea Xeral Ordinaria de socios do clúster durante a cal se aprobaron o Plan Estratéxico para o período 2016-2020 e pechouse coa entrega dos II Premios Galicia Alimentación.

O Foro Galicia Alimentación

A estratexia e os desafíos de futuro do sector galego e da alimentación e das bebidas de cara ao 2020, centraron os debates dos expertos e os numerosos asistentes ao Foro Galicia Alimentación, permitindo consolidarse coma o espazo de debate de referencia sobre o futuro do sector en Galicia.

A sesión contou cun panel, no que interviñeron expertos de primeiro nivel, centrados en analizar os retos relacionados co sector alimentario dende diferentes puntos de vista. A mesa moderada por Miguel Ángel Otero Simón, director do Mascomex da Universidade de Santiago contou con José R. Iglesias Barcia. Director I+D Márketing Innovación CAPSA Food, Xavier Cros Benlliure. Responsable de Shopper Knowledge. AECOC, Manuel Cadenas Juanino. Director de VSS Food & Beverage. Siemens Industry Spain e Jaime Sánchez Fraga. Director da Área de Exportación de Grupo Deoleo.

Os expertos analizaron a importancia da innovación no sector e o seu papel na competitividade, as tendencias de consumo e compra en alimentación, a industria do futuro e as fábricas intelixentes e a internacionalización nos mercados globais de alimentación, e do crecemento sustentable, as claves da competitividade futura do sector.

Posteriormente, na segunda parte do foro, Edelmiro López Iglesias do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia IDEGA, coma responsable da equipa que redactou o Plan Estratéxico do Cluster Alimentario de Galicia 2016-2020, describiu o panorama da evolución e da contorna do sector alimentario en Galicia, en particular coas ameazas e oportunidades presentadas e debullou a nova estratexia do Clúster Alimentario de Galicia co horizonte 2020.

Coma colofón, Juanjo de la Cerda Baspino, Director Técnico Alimentario de Nueva Pescanova e Vicepresidente do CLUSAGA, presentou as conclusións da xornada, previo á cerimonia de entrega dos Premios Galicia Alimentación.

A clausura do foro foi a cargo de Alberto Núñez Feijóo, o cal destacou o carácter estratéxico da industria alimentaria para Galicia, xa que factura cada ano máis de 7.750 millóns de euros e dá emprego a preto de 27.000 persoas. Tamén agradeceu aos membros do clúster a súa unión para traballar por Galicia, advertindo de que esa é a finalidade da agrupación, e expuxo a incidencia deste organismo á hora de crear valor engadido e coma factor de dinamización sectorial.

Foro Galicia Alimentación 2016