×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O e-commerce e a distribución multicanle, claves na comercialización de alimentos e bebidas

Relatorio de Fernando Maudo, Director Xeral de Vente-Privee España

O Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración co Máster de Comercio Exterior MASCOMEX da Universidade de Santiago de Compostela, organizou o pasado 13 de decembro unha Conferencia-Xantar no Hotel AC Palacio del Carmen de Santiago de Compostela co relatorio de Fernando Maudo, Director Xeral de Vente-Privee España, titulado E-commerce e distribución multicanle: claves para o éxito. A xornada permitiu aos mais de 15 asistentes coñecer a potencialidade e as novas tendencias da comercialización online na distribución de alimentos e bebidas.

Fernando Maudo

Nado en Madrid, Fernando Maudo é Licenciado en Dereito e Diplomado en Empresariais por ICADE. Conta cunha traxectoria de máis de 14 anos na distribución téxtil polo miúdo, desenvolvida en empresas como Induyco (El Corte Inglés) e Inditex. En 2009, Maudo abandonou o cargo de conselleiro delegado de Coronel Tapiocca para converterse en director xeral da compañía galega Caramelo. En 2010 foi nomeado director xeral en España do grupo francés de venda de moda online Vente-Privee. Maudo, quen posúe un MBA e un Máster en Comercio Exterior, ambos os dous do Centro de Estudos Comerciais da Secretaría de Estado de Comercio, participou como conselleiro en numerosas empresas téxtiles. É un recoñecido relator en numerosas institucións como a Fundación Universidade-Empresa e o Centro de Estudos Comerciais e profesor de Mercadotecnia da Universidade Carlos III de Madrid.

A xornada

A xornada permitiu coñecer de primeira man o modelo de negocio de Vente-Privee na organización de vendas privadas online de produtos de marcas internacionais de distintos sectores: prêt-à-porter, accesorios de moda, tecnoloxía e produtos gourmet de gastronomía e viño. Actualmente posúe mais de 18 millóns de socios en Europa e factura máis de 2.000 millóns de euros anuais en vendas.

Asemade no coloquio tratáronse os temas clave do e-commerce coma o novo comprador e a súa omnicanalidade, o global flagship store, a xeración de plataformas market hub para a xestión de recepción e emisión de pedidos, así como a potencialidade da xeración de novos clientes online - offline, entre outros, dende a ampla experiencia de Fernando Maudo neste eido.