×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O curso de formación en Industria Alimentaria 4.0 clausura a súa primeira edición

O pasado 29 de maio CLUSAGA organizou nas súas instalacións o peche do curso de formación en Industria 4.0, o cal concluíu con notable éxito.

Co obxectivo de mellorar a produtividade e avanzar cara á fábrica do futuro na industria alimentaria, o Cluster Alimentario e Galicia recolle no seu plan estratéxico unha medida específica de Optimización de procesos e avance cara á Industria 4.0 que a súa vez ten coma principais liñas de actuación:

  • Creación dun grupo operativo para o avance cara á industria 4.0 no sector alimentario galego.
  • Organización de misións de estudo a empresas de referencia no ámbito da revolución dixital e o avance cara á fábrica intelixente.
  • Impulso de proxectos piloto do novo modelo de produción industrial intelixente.

Por iso é importante a realización deste tipo de formación para que tanto os organismos coma as empresas teñan a maior cualificación posible para afrontar os procesos actuais e os desafíos de futuro nesta liña de actuación.

A xornada comezou cunha actividade grupal na que se puxeron de manifesto as barreiras que se atopan tanto no sector da alimentación e bebidas como nas empresas de cara a abordar a Industria 4.0. Posteriormente realizouse un acto con directivos e membros do IGAPE, onde entidades coma AINIA, Gradiant, AIMEN e Inova Labs, así como as empresas Innolact e Kiwi Atlántico presentaron os seus casos de éxito neste campo.

Ademais, o Xerente do IGAPE realizou unha intervención presentando os aspectos xerais da Industria 4.0 en Galicia, apoiado ao finalizar por unha conferencia levada a cabo por Roberto Alonso, Xerente de CLUSAGA.

Ao rematar, os asistentes ás xornadas do curso de formación recibiron a súa certificación correspondente na que se manifesta a superación do mesmo de forma satisfactoria.