×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Consello Rías Baixas, Calvo e Portomuiños, premios Galicia Alimentación 2015

foto de grupo do xurado e os premiados

O Clúster Alimentario de Galicia entregou hoxe en Santiago de Compostela os primeiros Premios Galicia Alimentación 2015 ao Consello Regulador Rías Baixas na categoría de internacionalización, a Calvo na relativa a produto innovador do ano e a Portomuiños en emprendemento.

Os Premios Galicia Alimentación

Os Premios Galicia Alimentación teñen coma finalidade contribuír a promoción dos produtos alimentarios e as bebidas galegas, así coma os proxectos, as empresas e institucións relacionadas, mellorando a súa imaxe e posición de maneira que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector alimentario coma na sociedade en xeral.

Os aspectos que se valoran para outorgar ditos premios son a traxectoria empresarial ou asociativa, a transferencia de coñecementos tecnolóxicos e I+D nos produtos, así como os procesos que melloren a calidade de vida dos consumidores, a relevancia socioeconómica, o impacto internacional ou o carácter innovador das mesmas.

Acto de Entrega da primeira edición dos Premios Galicia Alimentación

O Clúster Alimentario de Galicia vén de conceder os primeiros Premios Galicia Alimentación nunha gala presidida polo conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia e celebrada esta mañá na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

A Liña de Cociña de Mercado Infantil de Conservas Calvo, na categoría de produto innovador; a especialista en busca de novas materias primas do mar galego Portomuiños, na categoría de proxecto empresarial do ano; e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas na categoría de internacionalización, foron os galardoados nesta primeira edición.

O acto de entrega dos premios deu paso ao relatorio de Mané Calvo García-Benavides en calidade de presidente da Federación Española de Industrias de la Alimentación y Bebidas (FIAB) e conselleiro delegado do Grupo Calvo, un dos mais senlleiros socios do clúster.

Asamblea Xeral do Clúster Alimentario de Galicia

Previa cerimonia, o Clúster Alimentario de Galicia organizou a súa Asemblea Xeral anual para a avaliación do seu Plan Estratéxico 2011-2015, que pecha neste ano a súa execución arredor de cinco eixes clave: o impulso da I+D e da capacidade innovadora; a mellora da produtividade, procesos e sustentabilidade; a mellora da comercialización e acceso a novos mercados; o fomento da cooperación e do traballo en rede e a dinamización, consolidación e visibilidade do clúster.

Asemade a Asamblea completou a renovación da Xunta Directiva elixindo a lista presidida por Juan Vázquez Gancedo, ata agora vicepresidente do clúster, relevando a Jose Luis Antuña Álvarez que foi presidente nos catro primeiros anos completando a direccion da execución do Plan Estratéxico 2011-2015.

Premios Galicia Alimentación 2015 álbum de fotos dos premios