×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O clúster participa na mesa de avaliación da Axenda da Competitividade Galicia - Industria 4.0

mesa de avaliación da Axenda da Competitividade Galicia - Industria 4.0

O xerente do Clúster Alimentario de Galicia, Roberto Alonso, vén de participar nunha xuntanza co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no que tamén estiveron presentes representantes doutros clústers e das principais empresas tractoras galegas dos sectores estratéxicos do país, co fin de avaliar a posta en marcha da Axenda da competitividade Galicia - Industria 4.0 e recadar as súas propostas para seguir avanzando no proceso de implantación da Industria 4.0 en Galicia.

O conselleiro, Francisco Conde, sinalou a formación dos traballadores galegos nas tecnoloxías da Industria 4.0 como clave para adaptar Galicia á cuarta revolución industrial. Deste xeito, Conde indicou que co obxectivo de impulsar as capacidades industriais do talento galego, a Xunta de Galicia formará durante os vindeiros meses a traballadores e mandos intermedios nas tecnoloxías, procesos e metodoloxías da Industria 4.0, a través do programa de formación en Industria 4.0. Esta iniciativa concretarase nun apoio específico a organismos intermedios como clústers ou centros tecnolóxicos que establezan programas formativos para traballadores en eidos como robots, Big Data, internet das cousas, ciberseguridade ou loxística 4.0. Ademais, o programa incluirá formación para mandos intermedios das empresas galegas, co obxectivo de que se formen en eidos como os novos procesos de organización industrial nacidos da implantación da Industria 4.0.

O conselleiro apuntou que o desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 “marcha a bo ritmo”. Conde referiuse á folla de ruta industrial galega como “unha axenda viva”, e neste senso subliñou que se están levando a cabo neste momento programas clave para a implantación da fábrica intelixente en Galicia.

Ademais, lembrou que onte o Consello da Xunta deu luz verde á primeira convocatoria da Iniciativa Captación de Investimentos, que apoiará grandes proxectos de máis de 20 proxectos de I+D+i sobre a fábrica intelixente e as súas tecnoloxías mobilizando 150 millóns de euros.

O conselleiro avanzou tamén que a Xunta analizará coas empresas a posta en marcha de novas iniciativas no marco da Axenda, como novas Business Factories como a que o Goberno galego ten posto en marcha no eido da automoción.

Conde referiuse ademais ao Concurso de Ideas Industria 4.0, que gañaron entre outros proxectos agrupados o presentado polo clúster Alimentario de Galicia, e que permitirá desenvolver nas PEMEs participantes solucións nos eidos como a automatización e os procesos intelixentes ou a trazabilidade 4.0. O concurso é o primeiro paso para sumar ás PEMEs á revolución industrial que supón a Industria 4.0.