×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O clúster finaliza o primeiro programa de capacitación de cara a internacionalización

this is a caption

O Clúster ven de organizar esta mañá en Santiago de Compostela a última xornada do Programa de formación In Company: Plan de Internacionalización no sector alimentario e de bebidas que ten como fin que os participantes aprendan e interioricen coñecementos, ferramentas e unha metodoloxía que lles permita avanzar no proceso de internacionalización das súas empresas así como realizar o seu primeiro Plan de internacionalización. A formación realizouse en colaboración co Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (MASCOMEX) da Universidade de Santiago de Compostela así como co IGAPE.

Xornada de internacionalización

O primeiro bloque da xornada desenvolveuse en torno ao tema "Os recursos necesarios para a internacionalización: da estratexia á acción”. Igualmente, serviu para intercambiar ideas e suxestións de novas accións que se poidan levar a diante nun futuro co obxectivo de seguir colaborando e apoiando a internacionalización das empresas participantes. Entre os asistentes, había representantes das empresas Bodegas Martín Códax, Feiraco, Bodegas Chaves, Conxemar, Gutrei, Kiwi Atlántico, Cafés Candelas, Frigoríficos Arcos, Cooperativa Agraria Condado Paradanta, Industria de Panificación Campelos do Coto, Vitivinícola do Ribeiro e Gallega de Patatas.

Ademais, a xornada contou coa presenza da Xerente de Internacionalización do IGAPE, Mª Dolores García de los Huertos Vidal, que explicou as ferramentas que a institución ten a disposición das empresas galegas co fin de axudalas na súa expansión internacional. Por outra banda, Araceli de Lucas Sanz, Directora da Rede PEXGA, SALT e CEG, falou das tarefas realizadas polas diferentes oficinas PEXGA ao redor do mundo na súa labor de apoio ás empresas galegas.

Por último, para pechar o curso, o Presidente do CLUSAGA, Juan Vázquez Gancedo, fixo referencia aos diferentes proxectos de internacionalización nos que o Clúster está a traballar, dende onde se aposta pola expansión comercial nos mercados internacionais, é por iso que o programa de formación contará coa organización dunha segunda edición.