×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario participa na terceira edición de Alibetopías 2017

O Cluster Alimentario de Galicia participou na terceira edición de Alibetopías 2017, organizada por FIAB, na que se congregaron máis de 300 profesionais da cadea alimentaria, convertendo este encontro nun punto de referencia da innovación do sector.

Este evento celebrouse o pasado 14 de novembro no auditorio da Mutua Madrileña baixo a organización da Federación de la Industria Española de Alimentación y Bebidas (FIAB), coa colaboración del Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (Mapama).

Baixo o lema “Novos territorios en alimentación e bebidas”, Alibetopías 2017 tivo como obxectivo capitanear a innovación das empresas do sector agroalimentario para crecer e ser máis competitivas no mercado internacional grazas a novas sinerxías e a difusión de políticas de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Co respaldo da Plataforma Tecnolóxica Food for Life-Spain e do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, Alibetopías 2017 persegue fomentar alianzas estratéxicas entre empresas e centros tecnolóxicos de aquí ao 2020.

O evento contou con destacados apartados temáticos, nun dos cales participou a responsable de Proxectos Europeos do Clusaga, Ana Felgueiras. Un bloque titulado ‘Colaboración cluster / Plataforma Food For Life’ no que tamén estaban representantes do Clúster Aragonés de Alimentación, Asociación Empresarial Innovadora Nutrición y Salud (AINS), Asociación de la Industria Alimentaria de Castilla y León (Vitartis) e Cluster Alimentario FOOD+I.

Ana Felgueiras remarcou a importancia da vontade das empresas de toda a industria agroalimentaria, como as de Horeca, de traballar xuntas para dar resposta ás necesidades da sociedade.