×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia visita a Food Valley Expo 2015 dentro do programa de misións directas tecnolóxicas-institucionais

O Clúster Alimentario de Galicia, dentro do programa de misións directas tecnolóxicas – institucionais co-financiado polo IGAPE e adscrito aos proxectos ATClusters Galicia e AT4Excellence, visitou a Food Valley Expo 2015 celebrada en Wageningen (Holanda) coa finalidade de profundizar no benchmarking do modelo do Food Valley e de establecer novas relacións na rede de networking.

Food Valley Expo 2015

A Food Valley Expo é unha feira anual organizada por Food Valley NL, en cooperación con outras organizacións orientadas á innovación no sector alimentario, onde se ofrece un panorama das últimas tecnoloxías alimentarias, empresas innovadoras e clústers alimentarios. Nesta edición participaron máis de 40 expositores, que van desde institutos de investigación a empresas multinacionais e empresas emerxentes.

Ademais levouse a cabo o Food Valley Excellence Tour, un programa que permitiu visitar os centros de innovación máis destacados do Food Valley, como por exemplo os institutos de investigación Wageningen UR, o RIKILT, o Food Biobased Research Centre, o centro de innovación FrieslandCampina e o Restaurant of the Future.

Asemade, o Food Valley NL presentou o Award Food Valley, cun panel de expertos independentes xulgou aos candidatos na súa capacidade de innovación, viabilidade económica, grao de colaboración e orixinalidade. O gañador do Premio 2015 Food Valley foi unha cápsula compostable de café enchido co café arábica de comercio xusto, desenvolvido por Peeze Coffee Roasters de Arnhem, en Holanda.

En paralelo á Expo desenvolvéronse diversos seminarios, onde se expuxeron as oportunidades de cooperación en innovación e internacionalización e resultados de proxectos de I+D e innovación no eido alimentario e sobre o Horizonte 2020. Tamén se realizou o programa FoodMatch, organizado pola European Enterprise Network, que permitiu reunións bilaterais nas que os participantes podían traballar na transferencia de tecnoloxías innovadoras, intercambio de boas prácticas na xestión, establecemento de redes de cooperación ou na busca de novos socios comerciais.