×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Cluster Alimentario de Galicia recibe unha misión de estudo procedente de Turquía

Reunión Cluster Alimentario

O Cluster Alimentario de Galicia organizou a visita a Galicia dunha misión de estudo provinte de Turquía. O obxectivo da misión foi o intercambio de boas prácticas, dando a coñecer as ferramentas e estratexias para a promoción dos investimentos en sectores claves da economía.

A misión levouse a cabo como resultado do proxecto “Incremento da Competitividade na Rexión do Middle Black Sea” (Samsun, Amasya, Tokat, e Çorum) que ten como finalidade aumentar a capacidade de realizar análises e desenvolver políticas rexionais, levar a cabo actividades de promoción e poñer en práctica programas de subvencións rexionais mediante un enfoque innovador e participativo.

O grupo, reuniuse a primeira hora con responsables do IGAPE que deron a coñecer o seu papel como promotores da economía galega e, posteriormente, os asistentes dirixíronse cara as oficinas do Cluster Alimentario de Galicia, onde mantiveron un encontro co xerente do Cluster que lles presentou as liñas de actuación do Clúster Alimentario de Galicia; mostrándose interesados especialmente pola labor de promoción do sector alimentario galego e a súa experiencia como cluster no ámbito europeo.