×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia recibe a visita do director do IGAPE

O Clúster Alimentario de Galicia recibiu este luns, 6 de febreiro, a visita de D. Juan Cividanes, director do IGAPE, acompañado polo xerente do mesmo, D. José Manuel Fernández, para coñecer de primeira man o traballo que se está a realizar dende a Unidade de Intelixencia Tecnolóxica e Competitiva (UNITEC), a cal mantén un constante esforzo no desenvolvemento das súas labores para acadar os obxectivos comúns dos socios do clúster reflexados no Plan Estratéxico 2016-2020.

Neste evento foi recibido polo Presidente do Clúster, D. Juan A. Vázquez Gancedo; o Vicepresidente, D. Juan José de la Cerda López, o Xerente, Roberto C. Alonso Ferro e D. Antonio Cuevas, da sociedade Calvo Conservas os cales amosáronlle as boas impresións recollidas no eido de traballo así como os lugares onde se desenvolven as principais tarefas.

Pola súa parte, o director do IGAPE destacou que o sector da alimentación está apostando pola captación de clientes nos mercados exteriores e animou ou CLUSAGA a impulsar inversións tecnolóxicas nas empresas do sector ao amparo da II Edición do Concurso de Ideas Industria 4.0. Un marco no cal a Consellería de Economía, Empleo e Industria pretende impulsar a fábrica intelixente e onde tres empresas alimentarias están xa a desenvolvendo os seus proxectos: Bodegas Martín Codax, Innolact e Kiwi Atlántico.

Por outra banda, D. Juan Cividanes tivo a oportunidade de coñecer de primeira man un dos proxectos máis innovadores de UNITEC, no cal se realizan estudos de experiencia real de consumo en entornos complexos, mediante a técnica de neuromarketing “eye tracking”. Grazas a este método pódese satisfacer mellor as necesidades dos clientes, xa que hai unha maior aprendizaxe sobre os seus patróns de comportamento.