×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia ven de recibir por parte do director da Secretaría Europea de Análise de Clusters (ESCA), Helmut Kergel, a Bronze Label da iniciativa europea para a excelencia de Clusters (ECEI). Este selo entrégase a aquelas organizacións que foron avaliadas por ESCA coma recoñecemento ao interese da organización clúster na excelencia, un aval ao traballo que dende o CLUSAGA está a facerse para obter a homologación e a proxección no ámbito europeo.

Selo Bronze Label

O clúster foi avaliado por un experto imparcial de benchmarking ESCA en 36 indicadores con respecto á estrutura, a xestión e a gobernanza do clúster, o financiamento da xestión, os servizos prestados, o traballo en rede e a interacción no ámbito do clúster, así como os logros e o recoñecemento do mesmo.

Os resultados da avaliación foron presentados nun informe que inclúe tamén recomendacións para unha mellora en liña cos requisitos da etiqueta de calidade do clúster que actualmente é desenvolvida pola Iniciativa de Excelencia Clúster Europea.

A consecución deste galardón, continúa o recoñecemento previo obtido no ano 2012, e consolida a base para a mellora continua na comparativa cos mellores clusters europeos, establecida no novo plan estratéxico co horizonte no ano 2020.